A organización reservará 5 prazas para triatletas das categorías Xuvenil, 5 Junior e 25 prazas para mulleres. Esta reserva manterase ata o venres 17 de abril ás 14:00h.
O custo da inscrición para as persoas participantes é de 15 euros.
As persoas non federadas deberán tramitar ademais a licenza temporal de un día a través da web da Federación Galega de Tríatlon na seguinte ligazón.
Dita licenza será subvencionada polo Concello de Oleiros pero é necesario que cada persoa faga o trámite correspondente na ligazón anterior.
Deberán introducir os datos persoais que figuran no formulario e xuntar o documento de protección de datos cuberto e asinado e a copia do DNI en Vigor.
Agás por causa imputable á Administración, non se fará a devolución do importe da inscrición
RECOLLIDA DE DORSAIS
Entrega de dorsais o mesmo día da proba de 13:00 a 15:00 h no parque A Lagoa de Mera.